acopovi

HISTORIA

Fórmase coincidindo co nacemento do “Teleclub de Valladares”, en xaneiro do 1971. A súa primeira actuación ten lugar nas Festas Patronais de San Campio no ano 1974.

Acadan o primeiro premio no “Certame Provincial de Masas Corais de Radio Vigo” no ano 1975 e o primeiro premio no "Certame Rexional Galego de Panxoliñas" no ano 1977.

Ao longo dos anos participa en distintos programas de televisión; toma parte en concertos didácticos de diversos centros culturais e escolas de música de Galicia.

En 1983 grava o seu primeiro disco xunto coa “Banda Unión Musical de Valladares”. O segundo sería en 1995 coa Coral “Real Club Náutico” e mais a citada banda.

En 1999 a Coral celebra o seu 25 aniversario cunha actuación na que participaron os seus directores dende a súa formación.

Inician colaboracións con outros grupos corais, destacando o “Festival de Nadal para a Fundación Celta”, xunto coa Coral do Real Club Náutico e a Banda de Valladares. Tempo despois coa Coral URECA de Vigo, formación coa compuxo o "Orfeón Rey Rivero" que, en compaña da Banda Unión Musical de Valladares, ofreceu, co patrocinio do Concello de Vigo, memorables concertos e galas líricas no "Teatro Afundación" e no "Pazo de Congresos Mar de Vigo".

Participan en eventos internacionais, destaca a dos Azores (Portugal); tamén no resto do Estado, sendo a máis salientable o concurso no “I Festival Internacional de Agrupaciones Corales” de Palafolls (Barcelona). Ofreceu concertos en Lisboa, Bragança, Aveiro, Asturias, Cantabria, Ávila, Salamanca, Segovia...

Na actualidade a Coral está formada por 55 voces mixtas dirixidas por D. José Iglesias Ramilo.

O repertorio componse de música sacra, cancións populares, habaneras etc.

 

CONTACTO

Coral Polifónica do Centro Veciñal e Cultural de Valladares

enderezo: Estrada Xeral de Valladares, 261

36315 VIGO

teléfono:  986 467 053

fax: 986 467 052

email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

web:  www.valladares.gal

facebook: Coral Polifónica do CVC de Valladares - Vigo

 

 

 

 

 

 

 

 

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados