acopovi

CAPÍTULO I.
DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.

1. Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación: ASOCIACIÓN DE CORAIS POLIFÓNICAS DE VIGO.

2. A asociación rexerase polos presentes estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e polo resto da lexislación existente que, en materia de asociacións, lle sexa de aplicación.

Artigo 2º.

1. O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Vigo.

2. En ningún caso esta asociación poderá asentarse en ningunha outra localidade que a establecida no punto anterior.

3. A dirección desta asociación queda fixada na rúa Ecuador, número 17, código postal 36.203, teléfono 986.228.665.

4. Esta dirección postal poderá variar de ubicación a condición de que se respecte o establecido no punto 1 deste artigo.

Artigo 3º.

A asociación, en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá as súas actividades, fundamentalmente, no ámbito territorial do Concello de Vigo.

Artigo 4º.

1. A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá conforme ao establecido nos presentes estatutos, pola vontade dos seus asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2. A asociación rexerase segundo os principios democráticoscontidos no marco da Constitución e no resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º.

1. Son fins principais desta asociación:

  • a) Promover a difusión e coñecemento da música coral.
  • b) Terciar ante os estamentos oficiais e privados para que a música coral estea presente na programación habitual dos medios de difusión galegos como parte constitutiva da cultura galega.
  • c) Fomentar e potenciar as relacións de colaboración coas institucións públicas e con outras asociacións ou entidades privadas.
  • d) Ser canle de representatividade de todas e cada unha das corais que forman parte desta Asociación, respectando, en todo momento, a súa total independencia.
  • e) Servir de mediador en calquera conflito que puidese xurdir entre as corais inscritas.
  • f) Potenciar a formación musical dos seus asociados.
  • g) Fomentar a creación e participación en coros infantís, xuvenís, parroquiais etc., como preámbulo e formación básica para o sustento e xestación de corais polifónicas.
  • h) A través da música, establecer e facilitar servizos comúns entre os asociados.
  • i) Promover a creación e recuperación de repertorio de música coral, así como a elaboración dun arquivo sonoro.
  • l) Fomentar os vínculos de irmandade entre os asociados.
  • m) Calquera outros que estean en concordancia cos anteriormente expresados.

2. Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:

  • a) Actividades artístico-culturais de índole musical.
  • b) Potenciación de concertos ou festivais de música coral cos seus asociados.
  • c) Promover a realización de gravacións dos coros asociados para a posterior difusión nos medios de comunicación públicos e privados.
  • d) Potenciar convenios de colaboración con organismos públicos e privados, para a obtención de maiores recursos dos seus asociados.
  • e) Informar aos asociados de encontros de de diversa índole relacionados coa actividade coral.
  • f) Potenciación de encontros de coros infantís.
  • g) Promover a creación dun arquivo musical.
  • h) Xestionar financiamento para o logro dos obxectivos desta asociación.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II.
DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.

Adquirirán o carácter de socios numerarios todos os coros que voluntariamente o soliciten. A adscrición dos novos socios levarase a cabo mediante unha solicitude por escrito, cuxa firma supoñerá a aceptación dos presentes estatutos e dos distintos regulamentos e normas de aplicación, así como as cargas económicas establecidas. Contra a denegación de alta feita pola Xunta Directiva, no caso dese producir, o coro solicitante poderá recorrer diante da Asemblea Xeral.

Artigo 7º.

Todos os coros membros desta asociación terán igualdade de dereitos e obrigas.

Artigo 8º.

Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:

  • a) Fundadores: aqueles coros que subscribieron a acta fundacional.
  • b) Numerarios: aqueles coros que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
  • c) Honorarios: aqueles coros que, a criterio da Asemblea Xeral, axuden de forma notable ao desenvolvemento dos fins da asociación.

Artigo 9º.

1. A condición de asociado pérdese:

  • a) Por vontade propia.
  • b) Por disolución do coro.
  • c) Por falta de pago de catro cotas periódicas, podendo recuperar a condición de asociado previo abono das cotas pendentes.
  • d) Por actividade contraria aos estatutos ou que poida afectar negativamente aos intereses desta asociación e os seus membros.
  • e) Por tentativa de valerse da súa situación dentro da asociación para cumprir consignas de entidades alleas á música.
  • f) Por incumprimento, con prexuízo grave para a asociación oupara os seus membros, dos acordos adoptados polos órganos de goberno dentro das súas respectivas competencias.

2. A expulsión de asociados nos supostos apuntados nos apartados c), d), e) e f) do parágrafo anterior será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria. Contra a resolución adoptada poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria.

Artigo 10º.

Os asociados teñen os seguintes dereitos:

1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de conformidade cos estatutos.

2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias na súa contra e ser informado dos feitos que dean lugar a ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

4. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.

Os asociados honorarios non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación desta, pero están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz e sen voto.

Artigo 11º.

Son obrigas dos asociados:

1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.

2. Pagar as cotas que se establezan.

3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.

4. Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.

5. Acatar o contido dos estatutos.

6. Ter unha boa conduta individual e cívica.

CAPÍTULO III.
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 12º.

A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 13º.

1. O presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados, e o seu mandato durará dous anos. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

2. O presidente terá as seguintes atribucións:

  • a) Representar á asociación ante calquera organismo público ou privado.
  • b) Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva, presidir as sesións da Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra e decidir, con voto de calidade, no caso de empate.
  • c) Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  • d) Ordenar os pagos acordados validamente.
  • e) Asinar as actas, certificados, pagos e outros documentos daasociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

Artigo 14º.

1. A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e tres vocais.

2. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incurrer por actuacións relacionadas coa asociación.

As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.

3. A Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de dous anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

4. Os cargos cesarán na súa función por:

  • a) Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
  • b) Renuncia voluntaria.
  • c) Transcurso do prazo para o que foron elixidos.
  • d) Acordo de cese de toda a Xunta Directiva adoptado por 3⁄4 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor.

As vacantes que se puidesen producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os mencionados membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral.

En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por tres persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

Artigo 15º.

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

1. Programar e dirixir as actividades asociativas.

2. Levar a xestión administrativa e económica da asociación.

3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

4. Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.

5. Propoñer á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.

6. Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.

7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.

8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.

9. Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

10. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.

11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente a outro órgano da asociación.

Artigo 16º.

1. A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.

2. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

O secretario ou, na súa falta, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ao libro de actas.

Artigo 17º.

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de solicitar delas as informacións necesarias. Formará parte das devanditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 18º.

A Asemblea Xeral de asociados é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos os integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.

Artigo 19º.

A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cantas veces o considere a Xunta Directiva ou o solicite o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ao presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, expoñerase o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 20º.

A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase, necesariamente, no período que vai desde o mes de xaneiro ata o de abril. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo presidente da Xunta Directiva.

A notificación farase nos locais da asociación para as asembleas ordinarias e nos domicilios dos asociados para as asembleas extraordinarias.

Artigo 21º.

Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

1. Aprobar o plan de actividades.

2. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.

3. Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio.

4. Exame e aprobación das cotas.

Artigo 22º.

Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

1. Modificar os estatutos da asociación.

2. Elixir e cesar aos integrantes da Xunta Directiva.

3. Aprobar a federación con outras asociacións.

4. Autorizar a alleación, gravame ou hipoteca dos bens sociais.

5. Decidir a disolución da asociación.

6. Designar os/as liquidadores/as.

7. Ratificar a expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva.

8. Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación.

9. Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.

10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar á súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.

11. Todas as non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 23º.

A Asemblea Xeral quedará constituída de maneira válida sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou, transcorrida media hora e en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 24º.

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos aos apartados 1 ata o 7 do artigo 21o, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación reflectiranse os acordos no libro de actas e asinarano o presidente e o secretario da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.

Artigo 25º.

Os acordos adoptados, conforme aos preceptos anteriores obrigarán a todos os asociados, ata aos non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase, por parte do secretario, á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente, o secretario procederá a presentar a orde do día. De cada punto informará o membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ao debate e á aprobación dos correspondentes acordos nos términos establecidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 26º.

Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación, poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer ante a xurisdicción ordinaria.

Artigo 27º.

1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ao seu cargo as direccións dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará, entre os vocais, a un que desenvolva esta función.

Artigo 28º.

1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pago que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador dos orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ao pechamento do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días previos á celebración da asemblea ordinaria.

Artigo 29º.

Os vocais terán as seguintes atribucións:

1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.

2. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV.
DO RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 30º.

A asociación, no momento de iniciar as súas actividades, non dispón de patrimonio ningún.

O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 31º.

A asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador do orzamento será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 32º.

A asociación manterase cos seguintes recursos:

1. As cotas periódicas dos asociados.

2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.

3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder organismos públicos, entidades privadas ou particulares.

4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.

5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 33º.

A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado adicarase a atender as necesidades da asociación.

Artigo 34º.

Anualmente, con referencia o ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas. Formalizaranse nunha memoria a disposición dos asociados durante un prazo non inferior a 15 días, o sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria. A esta correspóndelle aprobalas ou censuralas.

Artigo 35º.

Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias serán necesarias as sinaturas conxuntas do presidente e do tesoureiro.

Artigo 36º.

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados os recursos obtidos pola asociación.

CAPÍTULO V.
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 37º.

O regulamento de réxime interno desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e oprocedemento disciplinario, e non pode ir nunca en contra do estipulado nestes estatutos. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdiccional civil.

CAPÍTULO VII.
DA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 38º.

Os mencionados estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A convocatoria deberá ir acompañada do texto coas modificacións propostas.

Artigo 39º.

A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 40º.

Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados liquidadores que, xunto co presidente e o tesoureiro, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 41º.

O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma, que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para realizar a inscrición da disolución.

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados