acopovi

HISTORIA

Nace en outubro de 1963. Nos seus comezos estaba formada por vinte compoñentes, todos homes, traballadores da entón Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Posteriormente foron incorporándose as necesarias voces femininas, abríndose tamén a familiares e achegados dos empregados. Na actualidade intégrana máis de cincuenta coralistas.

Actuou en numerosas localidades de Galicia e do resto de España, tamén en Portugal.

Dende o ano 2008 a coral canta a misa solemne da festividade da Virxe do Carme na igrexa dos Carmelitas; nos anos 2011 e 2015 cantou a do Santísimo Cristo de Victoria da Concatedral de Vigo, convidada pola súa confraría.

No ano 2009 obtivo o Primeiro Premio do Concurso Cantares Galegos da RTVG. O 29 de decembro de 2011 participou no IX Concurso de Panxoliñas da Catedral de Tui no que obtivo o 2º. premio.

Desprázase a diferentes localidades de España e Portugal para a celebración de concertos sacros e misas. Destacan: Santillana del Mar, 2012, Colexiata de Santa Juliana. O día despois marchou a Covadonga onde tamén cantou unha misa na Basílica. Aragón, 2013, catedrais de Jaca e Tarazona; misa na Basílica do Pilar, en Zaragoza. Freguesía de San Vítor, Braga (Portugal). Igrexa de San Bertomeu, Pontevedra. Excolexiata de Santiago, Cangas do Morrazo. Ciudad Rodrigo no 2014, catedral de Santa María. Mérida 2015, Monasterio de Guadalupe. Valladolid no 2016.

O seu repertorio intégrano obras clásicas, óperas, zarzuelas, cancións relixiosas españolas e doutros países.

É parte do "Orfeón Rey Rivero", xunto coa Coral Polifónica de Valladares. Teñen ofrecido concertos de nadal e galas líricas.

Dende a súa fundación, a coral sempre estivo baixo a dirección de D. Francisco A. Rey Rivero. En xaneiro de 2012 asúmea

Dª. Teresa Clara Iglesias Ramilo. E en xaneiro de 2016 Dª. Regina Zavadilova.

CONTACTO

 Marta Veigas Fano

teléfono: 620 301 081 / 986 367 860

fax: 986 367 860

web: coralpolifonicaureca.es

email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados