acopovi

HISTORIA

Composta por cincuenta voces mixtas aproximadamente. Nace en Vigo no ano 1994 no seo do Colexio Apóstol Santiago e está dirixido, desde os seus comenzos, polo mestre lituano Rimas Zdanavicius.

O seu repertorio ofrece unha gran variedade de obras en diferentes idiomas e abrangue un extenso período histórico, dende a música medieval ata a música contemporánea, incluíndo, por suposto, música sacra e popular, así como óperas, zarzuelas, espirituais negros e vilancicos.

Ao longo da súa dilatada traxectoria ten participado en multitude de festivais, certames e concursos, fundamentalmente na área de Vigo e da provincia de Pontevedra, pero tamén en Galicia e mais no resto de España. Realizou intercambios musicais con agrupacións de Portugal, Canadá e Lituania. Gañou ou quedou finalista en varias ocasións en concursos de música sacra e vilancicos.

Co gallo do Bicentenario de Verdi, no ano 2013 formou o orfeón “Vicus ad Libitum” con outras dúas agrupacións corais da cidade de Vigo para interpretar algunhas obras deste autor extraordinario.

CONTACTO

Coro “Apóstol Santiago”

teléfono: 635 253 755

web: coroapostolsantiago.es

email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados